Nesta semana celebrarase o XIII Congreso de Novos/as Historiadores/as da Galiza.
[03/05/2010] Máis de quince intervencións desenvolveranse no marco do XIII Congreso de Novos/as Historiadores/as da Galiza (CNHG).
A convocatoria formulada, segundo os promotores do encontro, está a seri un éxito; superando esta edición as anteriores en canto investigacións apresentadas e persoas inscritas. Baixo a organización da sección de Novos e Novas Historiadoras da AGH, este encontro está vertebrado a partir de catro mesas, a saber:
A Historia da Galiza nas súas fontes documentarias, Filosofía, teoría e métodos da Historia, Fascismo e ditadura (1936-1975): novos enfoques historiográficos e Economía e sociedade na Galiza: da Idade Moderna à contemporaneidade.
O devandito congreso iniciarase no marco do Consello da Cultura Galega o vindeiro 5 de maio ás 9hrs, desenvolvéndose até o venres 7. Logo, o 8 de maio está prevista unha visita ás Fragas do Eume, onde se desenvolverá, aliás, unha incursión no Mosteiro de Caaveiro.
O encontro está validado pola USC cun crédito de libre configuración para as titulacións de Historia, Xeografía e Historia da Arte.
O prazo de inscrición aínda fica aberto, aínda que o aforo é limitado. |