Asociación Galega de Historiadores - AGH
CONTACTO MAPA DO SITE
  :: Novas
  :: Apresentación
  :: Estrutura
  :: Obxectivos
  :: Socios e socias
  :: Actividades
  :: Congresos
  :: Publicacións
  :: Convenios
  :: Ligazóns
 
 
  Socios/as honoríficos
  Premios AGH

 

 

 

 
NOVO LIBRO
Inmunda escoria

Os anos sesenta do pasado século tiveron un axitado discorrer no mundo escolar, en plena dictadura franquista. O noso país daquelas vía como a esquerda e o nacionalismo volvían agromar con forza.

[29/03/2010]

Daquelas, as célebres mobilizacións estudantís do 1968 e os seus protagonistas foron alcumadas de «Inmunda escoria» na prensa do réxime.


Daí tira o investigador Ricardo Gurriarán o título da súa extraordinaria obra Inmunda escoria. A universidade franquista e as mobilizacións estudantís en Compostela, 1939-1968, editado polo selo Xerais. Obra que, segundo a Fundación 10 de Marzo, nace da exposición que esta entidade lle encargou a Gurriarán para conmemorar os corenta anos das loitas do curso 1967/68 na Universidade galega.


A partir dun intenso labor de investigación en arquivos públicos –malia os impedimentos legais que amparan os tan «distantes» tempos da Ditadura franquista– e privados, así como das máis de cen entrevistas aos participantes directos e indirectos do conflito, Gurriarán analiza o que foi coñecido como «o 68 galego», que protagonizou toda unha xeración de persoas cun percorrido político, social e cultural que chega ata os nosos días. A investigación comeza polo ano 1939 e avanza ano a ano para chegar ao curso 1967/68, cando as mobilizacións estudantís antifranquistas conquistaron espazos de liberdade,  dando lugar, aliás, a un elevado desgaste persoal (multas, apertura de expedientes, expulsíons da Universidade...).
Tal e como marcan desde a F10M, "...sen aqueles acontecementos, a sociedade galega de hoxe sería moi diferente. Inmunda escoria é un libro que non só enche un baleiro na historiografía, senón que está chamado a converterse, sen dúbida ningunha, nun referente para os estudos que sobre o antifranquismo se fagan no futuro".
 
Desta volta a obra de Ricardo Gurriarán presentarase o 7 de abril ás 19.00hrs no Salón Nobre de Fonseca (USC). Para alén do autor, entre outros, estrá Víctor Santidrián e o reitor da USC Senén Barro.

 

 

· Voltar á páxina principal

· Histórico de novas

 
 
 
 

© Asociación Galega de Historiadores · 2010