Asociación Galega de Historiadores - AGH
CONTACTO MAPA DO SITE
  :: Novas
  :: Apresentación
  :: Estrutura
  :: Obxectivos
  :: Socios e socias
  :: Actividades
  :: Congresos
  :: Publicacións
  :: Convenios
  :: Ligazóns
 
 
  Socios/as honoríficos
  Premios AGH

 

 

 

 
ou o compromiso cunha Terra e un Tempo
ANTOM MOREDA

Finou o pasado 4 de febreiro Antom Moreda. Histórico activista galego. Repousa xa o seu corpo en San Miguel de Reinante (Barreiros), na súa natal Mariña luguesa.

[07/02/2010]

Nacido no ano 1934, desde a adolescencia mantivo un compromiso nidio coa realidade nacional galega. Con dezasete anos emigrara para América do Sul, residindo e traballando en Buenos Aires. Aló sería cofundador e activista das Mocedades Galeguistas, reconstituídas no 1953.


De volta ao país, nos inicios dos anos sesenta, profisionalmente traballaría de comercial na editorial Galaxia. Neste contexto propiciaría o reartellamento do nacionalismo político a partir do devandito Consello da Mocedade. Apartado á forza daquela entidade, que esmorecería ao pouco, vería como aquel esforzo daría como resultante organizacións a partir de finais do propio 1963 como a Unión do Pobo Galego ou o Partido Socialista Galego.



Malia ficar apartado dun actvismo visíbel a nível nacional, Antom Moreda participaría de cheo en proxectos de base, como a Asociación Gaiola, da que sería presidente, e a revista Gaiola Aberta, da que sería director.



 
+ INFO nos artigos:


Antom Moreda, umha vida para Galiza, Luís Gonçalez Blasco e Antom Moreda ou do compromisso com umha Terra Livre, Uxío-Breogán DIéguez


 

 

 

· Voltar á páxina principal

· Histórico de novas

 
 
 
 

© Asociación Galega de Historiadores · 2010