Desde a Asociación Galega de Historiadores/as (AGH) pulouse desde un inicio pola creación dunha sección na que puidesen traballar, coordenadamente, as e os xovens historiadores do país. A partir desta iniciativa naceron no 1992 os Congresos de Novos/as Historiadores/as de Galiza e a colección editorial Historia Nova, ‘contribución dos xóvenes historiadores’ de Galiza.
Son máis de cen as ponencias e comunicacións apresentadas nos diversos congresos desenvolvidos até o momento, así como investigacións publicadas na devandita colección editorial.
Os Congresos de Novos Historiadores/as son, sen dúbida, unha boa mostra da boa saúde da historiografía galega, xa que os traballos presentados, así como as reflexións historiográficas realizadas, teñen sido e son de enorme valía.
+ INFO
|