Un novo Congreso de Novas e Novos historiadores (CNH) vai desenvolverse no mes de maio.
[11/02/2010] Despois de dez edicións, ven de se convocar un novo CNH. Desenvolverase en Compostela entre os días 6 e 7 de maio do presente ano.
A temática, coma noutras ocasións, é totalmente libre.
Até o 24 de febreiro quen quixer poderá apresentar propostas de comunicacións, para entre o 26 deste mes e o 13 de abril achegar os orixinais seleccionados entre as propostas temáticas presentadas.
Os traballos finalmente apresentados ao encontro farán parte da colección editorial da AGH Historia Nova, na que ten publicado no seu día boa parte do profesorado do ensino secundario e universitario galego en áreas como a Prehistoria, a Historia, a Xeografía ou a Historia da Arte.
+INFO en: secretaria.cnhg@revistamurguia.com ou no 677.83.90.96 |